
A feira inÃciase o dÃa 30 cas xornadas profesionais de Escena Galega, a convocatoria de proxectos do Xacobeo 2021, o balance de resultados de Fest Galicia, asembleas de Agapi e Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural ou a presentación de servizos tecnolóxicos para festivais por parte da empresa Play Plan. A partir de aÃ, comeza unha programación máis orientada ao público xeral na que se inclúen 85 propostas para o público infantil, entre elas concertos como o de OVIRAVAI con Paio e o poder da música e Xoán Curiel con A casa do terror.
Mantense no programa o espazo dedicado á arte contemporánea inaugurado na pasada edición, cons presentacións do último proxecto de Vari Caramés, da sala Apo'strophe Arte ou do libro Anónimas, retratos de musas cotiás de Gemma Marqués e Dolores Costas, ou unha acción do colectivo LAG. No campo das exposicións, poderá verse DAC. Artistas Mulleres de Colección. Fondos do Patrimonio da Deputación da Coruña no Espazo Arte Contemporánea, e FotografÃa en Curso. Retrato da nosa contorna, sobre o pedagóxico de creación do mesmo tÃtulo do CGAI.
No campo da literatura, encontraranse co público nomes como Manolo Rivas, Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Eli RÃos, MarÃa Reimóndez, Xose Duncan, Francisco Castro, Yolanda Castaño, Manuel Esteban, Iolanda Zúñiga, Emma Pedreira, Héctor Cajaraville, Carlos Negro, Antón Lopo ou Ana Cabaleiro entre outros.