O Pazo da Cultura de Pontevedra acollÃa na mañá deste 19 de novembro a presentación do programa da XIV edición de Cultural. A Feira das Industrias Culturais Galega celébrase nesta mesma localización entre os vindeiros 26 e 28 de novembro a achegar un programa cunha centena de propostas vinculadas ao mundo do libro, da música, do cinema, das artes escénicas, da infancia e dos profesionais ademais de Cento dezanove postos e máis oitenta empresas representadas.
VÃctor López, presidente da Culturgal, insistiu durante a presentación nas ideas de reencontro e de recuperación para esta nova xeira do evento. Segundo el "a reserva completa do espazo feiral, a afluencia de propostas que chegaron para construÃr a programación, o ritmo de venda das entradas da feira, etc, fannos pensar que hai moitas ganas de Culturgal". Convidou ao público a indagar no programa, a sinalar que "vai ver que reserva moitas propostas rupturistas, inesperadas, innovadoras, propostas que nos conectan con público de gustos e idades diversas".
Malia a apostar pola presencialidade, unha das grandes apostas desta xeira é o desenvolvemento de Culturgal.tv. Logo da experiencia de 2020, a organización aposta por manter as retransmisións ao vivo desde o evento que se complementarán ademais con produtos audiovisuais, entrevistas e reportaxes cos protagonistas da propia feira no que quere ser unha televisión cultural de fin de semana. Canda a isto, o director da feira, José Aldea, sinalou outra mudanza, como é o reservar a tarde do venres para eventos profesionais no Foro Cultural, nos que se debaterá "ao redor dos grandes temas do sector e das preocupacións xordidas tras a pandemia" en sesións abertas a todas as persoas interesadas. Deste xeito que o acceso do publico ao espazo expositivo da feira quedará restrinxido a sábado e domingo.
A programación repártese nos espazos Foro, Libro, Infantil, Cinema e Auditorio, que acollerá as actuacións. Mantense ademais unha área especÃfica para expositores dedicados á arte contemporánea. Entre os nomes que salienta a organizaicón, agárdase a presenza de Manuel Rivas, Ledicia Costas, Diego Ameixeiras, ou o Colectivo Rompente co seu último espectáculo. Tanxugueiras, que fechan na Feira a súa xira co concerto de domingo 28 e a elas súmanse no espazo musical, actuacións de Mirmidón, Fernado Abreu & Alberto Vilas, Batea ou Xoán Curiel.
No audiovisual destaca a presentación da novela visual interactiva Ti tamén, da webserie documental Un ronsel de futuro e da serie Rapa ou as proxeccións de MalencolÃa de Alfonso Zarauza, Negro púrpura de Illa Bufarda ou a comedia Cuñados. Nas artes escénicas Elefante Elegante representará o seu Dreaming Juliet o domingo 28 no Teatro Principal e presentarase a xira teatral de Fariña para 2022 entre outras iniciativas.
En canto a exposicións, a feira acolle a artellada pola Fundación RosalÃa de Castro a percorrer os cincuenta anos de apertura da casa da poeta. Tamén se poderá ver ver Kinétiko, unha mostra interactiva de autómatas desenvolvida por Xira Paus. Finalmente, no local poderá verse Cantámola en Galego un repaso por vinte anos de música na nosa lingua que promoveu o Concello de Pontevedra.
A Feira está organizada pola Asociación Culturgal da que son parte Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Editoras, AGEM e Eganet econta co apoio da Xunta de Galicia a través de Agadic, do Concello de Pontevedra, da Deputación de Pontevedra, do Ministerio de Cultura e Deporte e da Deputación da Coruña.