A conmemorar os seus quince anos Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, presentaba este 18 de novembro a súa programación. Pontevedra acollerá unha vez máis a cita, que se desenvolve entre os días 24 e 27 con Eva Alonso a se estrear na dirección. Co lema 15 anos cos fíos da Cultura , a feira estará aberta ao público a partir do día 25 desde as 11 da mañá, con entradas que custan 4 euros para persoas adultas, 3 euros para menores de 16 anos, e que son de balde para crianzas de ata tres.
Na presentación desta xeira, Alonso sinalou como un dos retos para o evento "mellorar e afondar máis naquela oferta dirixida a entidades e profesionais". Nesta liña, unha das novidades da feira é a aposta por unha xornada restrinxida ao ámbito profesional que se desenvolverá ao longo do xoves 24 de novembro. Unha trintena de propostas profesionais continuarán ao longo de todas as xornadas nun espazo específico do evento.
No programa destaca a aposta da feira pola música ao vivo, que se reforza nesta xeira cun concerto organizado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM). Antía Muíño, Néboa, Berto e Grande Amore protagonizan o recital que na noite do día 26 de novembro a celebrar os quince anos da feira.
No ámbito literario, a feira contará con figuras como Juan Tallón, Berta Dávila, Carlos Callón, Bibiana Candia, Antía Otero, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Solar ou Fran P. Lorenzo, canda aos nomes recentes premios nacionais Marilar Aleixandre e Ismael Ramos. Unha homenaxe a Helena Villar conmemorará os seus 50 anos de poesía e compromiso o sábado 26.
A nivel escénico, o programa contará con O lobo e a lúa de Baobab Teatro, Cubo de Elefante Elegante Teatro e A parábola do angazo de Talía Teatro . A sección de cinema, coordinada pola Asociación Galega de Produtoras Independentes, acollerá proxeccións de O corpo aberto, Valentina, Unicorn Wars, Eles transportan a morte, A virxe roxa, Welcome to ma maison e O gran camiño.
Alberto Pena terá un especial protagonismo no espazo de arte coa súa exposición monográfica Continuo. Canda a el, este apartado da feira contará con diferentes presentacións, obradoiros, a performance NoN de María Marticorena e Paula Quintas, que presentará Multiperspectivas 2 en dous pases o domingo 27, a mesturar teatro, danza, circo e improvisación. Canda a ela, Daniel Rodríguez con A raíz de e Nova Galega de Danza, que achega á feira a peza Credo compoñen a programación coreográfica da feira.
Nas actividades máis dedicadas a familias, a feira aposta por un incremento no número de obradoiros orientados ao público infantil que se complementan cun especial protagonismo de videoxogos e actuacións de Magín Blanco e o programa Quero Cantar da Deputación da Coruña.
Canda á directora, participaron na presentación do programa Victoria Alonso, directora de Cultura na Deputación de Pontevedra, Anxo Lorenzo, secretario xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia e Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra.