
O proxecto, con entrada de balde e para todos os públicos, recolle actividades de diferentes ámbitos culturais. A presentación de Indolente, de Alberto Mancebo, abre este programa, que continuará coa charla Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia? a cargo de por Severino Fernández Abel. Actuacións de Clopas e de Su Garrido Pombo fecharán esta primeira xornada.
No dÃa 12, a proposta reúne o teatro infantil de Miguel Guido, que representará O lobo feliz, un concerto de MagÃn Blanco e mais a presentación de Ser cetáceo de Francisco Xosé Fernández Naval. Unha entrevista con Xurxo Souto e LucÃa Aldao, e concertos a cargos de Xurxo Souto e de LucÃa Aldao completan o programa. A anterior xeira desta programación desenvolveuse en 2023 en Vigo.