Culturgal quere ampliar a súa actividade fóra das datas da feira

A Feira das Industrias Culturais desenvolverase entre o 2 e o 4 de decembro en Pontevedra

23/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os interesados en participar no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, teñen xa aberto o prazo de inscrición. Empresas e colectivos do país poden reservar xa os seus espazos no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se celebrará este evento entre os días 2 e 4 de decembro. Asimesmo, poderán facer as súas propostas de presentacións e actividades para a cita. Segundo adiantou Sergio Lago, director da feira, a medio prazo Culturgal quere “ampliar o seu papel tanto no tempo como no espazo, estendéndoo máis alá da celebración anual da Feira das Industrias Culturais”. Do mesmo xeito, o proxecto pretende “acompañar a industria na incorporación de formatos de visibilización da cultura creativos e innovadores” e “introducir Culturgal no debate global sobre novas formas de relación entre creadores e industria, novas formas de levar a cabo os proxectos e novas formas de achegar a cultura á sociedade”. Nese sentido, para a vindeira edición está prevista a celebración do Foro Culturgal, orientado fundamentalmente á innovación nas industrias culturais galegas.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Culturgal, Feira das Industrias Culturais, Pontevedra...