Os resultados de Culturgal auguran a continuidade do evento

Os promotores da Feira das Industrias Culturais cifran en 11.000 os visitantes

29/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Preto de 11.000 persoas pasaron ao longo da fin de semana polo Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra. Segundo sinalaron os organizadores do evento, a falta de cifras definitivas, este resultado supón unha satisfacción e, segundo apuntou Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal, "despois do éxito desta edición, ninguén pode dubidar que haberá Culturgal 2011". Do mesmo xeito, responsables de diferentes colectivos da industria cultural recolleron o compromiso do sector de continuar coa celebración deste evento nos vindeiros anos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Feira das Industrias Culturais, Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares