O Culturgal 2010 celebrarase na Coruña entre o 10 e o 12 de setembro

O evento contará co apoio da industria, do Concello e mais da Xunta

27/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, xa ten data. A Coruña acollerá este evento entre os días 10 e 12 de setembro, segundo anunciou onte o presidente da recén constituida Asociación Culturgal, Xulio Amigo. A feira contará nesta ocasión co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e mais do Concello da Coruña. A nova edición está organizada pola Asociación Culturgal, que reúne a Asociación de Editores, a de Produtores Fonográficos, o colectivo de Empresas Musicais e mais Escena Galega.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, A Coruña, Feira, Editores...