Preséntase en Pontevedra a nova edición de Culturgal

A feira está organizada polas industrias culturais e conta co apoio de AGADIC

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O recinto feiral de Pontevedra acollerá entre o 26 e o 28 de novembro a nova edición de Culturgal, a feira das industrias culturais. O evento está organizado pola Asociación Culturgal, que agrupa as principais industrias da cultura do país e conta como principal patrocinador coa Axencia Galega das Industrias Culturais. Nesta edición, a feira fai parte do programa Creativa, que busca favorecer a conexión entre industrias do sector galegas e portuguesas. Os organizadores aseguraron que agardan manter o nivel do encontro malia á crise, e Juan Carlos Fernández Fasero, responsabel de AGADIC, anunciou que a súa entidade ten previsto o apoio á edición 2011. As entidades interesadas en participar teñen aberto ata o 29 de outubro o prazo de inscrición.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Culturgal, Pontevedra, Carlos Fernández...