Culturgal suma mil metros para arte contemporánea

A feira das industrias culturais abre o prazo para postos e achegas ao programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Entre o 1 e o 3 de decembro vindeiros Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia celebra a súa décima edición. De cara a esca conmemoración, os organizadores do evento anunciaban onte a apertura dos prazos de solicitude de postos e de proposta actividades para o programa. Como principal novidade, a feira incorporará un novo espazo de mil metros cadrados no Pazo da Cultura de Pontevedra que se dedicarán á exhibición e mercado de arte contemporánea. Os interesados teñen ata o vindeiro 2 de outubro para facer as súas propostas de actividades, entre elas os espectáculos centrais do venres 1 decembro, que se dedicará ás artes escénicas, sábado 2, centrado na música, e domingo 3, que será unha proposta matinal para público familiar.

Segundo indica a organización, priorizaranse na selección a presentación de proxectos e produtos que se estreen na propia feira, que fosen lanzados recentemente, que estean en desenvolvemnto ou que sexan resultado da colaboración de diferentes empresas. Outros criterios de valoración priorizarán iniciativas que acheguen os procesos creativos ao público, conten con formatos de presentación singulares, que incidan na participación do público ou que estean orientadas a profesionais do sector cultural.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Culturgal, Feira das Industrias Culturais, Artes Escénicas...