Culturgal presenta a súa edición 2015

A palabra protagonizará a vindeira edición da feira baixo o lema Presume de Culturgal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Culturgal presenta a súa edición 2015

Tal e como estaba anunciado será os vindeiros 4, 5 e 6 de decembro cando o Pazo da Cultura de Pontevedra acolla a vindeira edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Os organizadores do evento presentaban onte a vindeira xeira, para a que se cobrará entrada ao igual que no pasado ano. Baixo o lema Presume de Culturgal a iniciativa acollerá actividades para diferentes públicos coa palabra como eixe desde diferentes perspectivas. Literatura, tecnoloxía, música, foros e encontros fan parte dun programa no que se elimina a tenda oficial, se procurarán evitar interferencias sonoras entre actividades e se potenciará o espazo reservado ao público de entre 0 e 3 anos. Os interesados en participar no evento teñen ata o 30 de outubro para reservar postos e ata o 30 de setembro para propor actividades.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Tecnoloxía, Literatura...