Máis de 125 actividades compoñen o programa do Culturgal deste ano. A Feira das Industrias Culturais volta a Pontevedra entre o 4 o 6 de decembro cunha marca na demanda de postos, que acada os 81, un 25% máis do que na última edición. Ademais, mantén o pago por entrada e presenta unha nova distribución que quere facilitar un percorrido circular polo recinto e evitar aglomeracións, ao tempo que se busca evitar as interferencias sonoras entre eventos. A nivel de programa, a organización quere atender a todo tipo de públicos e abrangue desde profesionais do sector cultural a público infantil ou persoas con discapacidades. Entre os pratos fortes da nova edición inclúese o espectáculo Dar de contar a quen pasa que reunirá no Pazo da Cultura a Candido Pazó, Celso Fernández SanmartÃn, MarÃa Lado e LucÃa Aldao na noite do sábado.