Colectivos, empresas e artistas conforman a maior parte dos proxectos do Xacobeo

Varela explicou no Parlamento as actividades culturais do Ano Santo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Encontro Internacional de Literatura de Viaxes, a Semana Áurea de Novela Histórica, Camiño de Amor e Lúa.... son algúns dos proxectos previstos para o Xacobeo 2010 e, ao mesmo tempo, iniciativas propostas á Xunta por parte de empresas, colectivos ou artistas galegos. Así o explicou onte no Parlamento o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, que cuantificou nun 75% os proxectos do Xacobeo 2010 que xorden por iniciativa social. Varela desglosou as iniciativas en materia musical (apoio a festivais e orquestras, a gravación do dico Cantigas no Camiño e a xira Xacobeo Raíces), audiovisual (apoio a festivais e a producións) , as colaboracións coa Agadic e xiras de espectáculos polos concellos de Galicia.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Literatura, Ano Xacobeo, Axencia Galega das Industrias Culturais