Cultura compromete o seu apoio á Orquestra Gaos

Varela quere integrar a formación recén nada na programación do Xacobeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A orquestra Gaos, que reúne 150 músicos de entre 15 e 25 anos, presentouse onte na Coruña con bo pé. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, comprometeu o apoio do seu departamento á nova formación, sinalando que "queremos facer algo con eles no vindeiro Xacobeo e, na medida do posible, levalos de xira dentro do Via Stellae ou outros festivais". Varela amosou o seu interese en integrar a orquestra nos circuítos de música clásica do país e comparou o compromiso coa mesma cos apoio que a Xunta xa mantén coa Sinfónica de Galicia e coa Real Filharmonía.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Roberto Varela, A Coruña

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares