Non é habitual poder asistir a un feito cultural onde o artista sexa un polÃtico, neste caso trátase máis ben dun ex-polÃtico xa que Roberto Varela (Meaño, 1959) leva varios anos lonxe da actividade polÃticas desde que deixou de ser Conselleiro de Cultura no 2012, retomando a súa carreira diplomática. Agora ven de inaugurar nun espazo privado, o hotel e restaurante Quinta de San Amaro, no seu pobo natal, Meaño, unha exposición de fotografÃa da súa autorÃa. Le silence é o tÃtulo desta mostra fotográfica que se creou durante o perÃodo de confinamento na súa vivenda en ParÃs, onde Varela reside coma Conselleiro de Asuntos Culturais da embaixada española. Afeccionado á fotografÃa desde cativo, Roberto Varela plasmou en imaxes unha etapa dura marcada polo silencio da paralización da vida que significou ese confinamento durante o cal, o ex-conselleiro perdeu a súa nai e, coma tantos outros, non puido estar ao seu carón. A exposición é o prólogo dun libro un libro que verá a luz en breve publicado pola editorial Chan da pólvora. Segundo un comunicado emitido polo diplomático, "é unha exposición modesta, sen pretensións, que quere poñer de manifesto unha faceta miña que sempre me gustou e, por primeira vez e sen querelo, tiven tempo porque, pese ao teletraballo, cando todas as actividades culturais foron suspendidas un queda como en branco". O que foi conselleiro de Cultura no primeiro mandato de Alberto Núñez Feijóo, considera que a cultura foi outra vÃtima coa que a pandemia foi especialmente cruel, e non dubida en afirmar "que a cultura poida saÃr adiante despois deste golpe está en mans dos polÃticos".