O Conselleiro de Cultura adianta algunhas das súas propostas

A lectura e o Xacobeo serán ámbitos prioritarios nas súas actuacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os primeiros actos públicos de Roberto Varela coma Conselleiro de Cultura están a servir para adiantar algunhas liñas do seu mandato. Deste xeito, durante a súa vistia ao MARCO de Vigo o pasado sábado para inaugurar a mostra de Santiago Sierra, Varela adiantou que o seu departamento ten "a intención de participar activamente" no museo, polo que renovará o convenio que mantén con este organismo. Ao tempo, explicou que a arte contemporánea "é unha faceta creativa que nos interesa especialmente". No mesmo acto adiantou que "queremos elaborar un programa en torno ao Xacobeo que faga partícipe a toda a sociedade". Tamén sábado, durante a presentación da Feira do Libro de Santiago, Varela comprometuse a que Galicia chegue en 2010 ao nivel medio de lectura da Unión Europea. Precisamente ese ano está previsto que o noso país celebre o Ano da Lectura.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

2010: Exame de lectura

2010: Exame de lectura

Unha xira de autobuses dá comezo á grande aposta de promoción cultural deste ano

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Roberto Varela, Feira do Libro, Unión Europea...