O conselleiro de Cultura anuncia que desenvolverá a Lei do Libro

Dosier: Lei do Libro e Ano da Lectura

25/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Lei do Libro seguirá o seu desenvolvemento e o 2010 será Ano da Lectura en Galicia. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela adiantou a súa intención de "darlle contido e sentido, e poñer en valor" o texto aprobado polo Parlamento e que ten pendente aínda concretar boa parte dos seus contidos. Ao tempo, confirmou a promesa electoral do Partido Popular encol da celebración dun ano dedicado á lectura a coincidir co vindeiro Xacobeo e que pretende elevar os índices de lectura do noso país para os achegar á media europea. Varela facía o anuncio o pasado sábado no marco da entrega o do premio PEN-VOZ de Liberdade a Marcos Valcárcel. Repasamos no noso dosier a evolución da Lei do Libro e do Ano da Lectura.

O sector analiza as medidas da Lei do Libro
Editores, bibliotecarios e libreiros ollan para nós o futuro do país á luz da recente Lei do Libro e da Lectura

O Plan da Lectura previsto polo Bipartito
A Xunta crea o Día de Rosalía para fomentar a lectura no país

Posta en marcha do Consello Asesor do Libro
Nace o Consello Asesor do Libro para aconsellar a Consellaría de Cultura nesta materia

O Ano da Lectura facía parte das propostas electorais do PP
Cultura PPopular

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Lei do Libro, Marcos Valcárcel, Roberto Varela...