O índice de lectura galego está na media estatal

A edición electrónica terá presenza nas feiras do libro deste ano

9/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A xuntanza do Consello Asesor do Libro que se celebrou onte serviu para que a Consellería de Cultura presentase o Informe sobre os hábitos de lectura e compra de libros en Galicia. Segundo os datos deste estudo, o índice de lectura no noso país sitúase nun 53% da poboación. A cifra está na media do conxunto do Estado para aqueles habitantes de cidades con menos de 500.000 habitantes(53,1%). Unha maior diferenza detéctase na asistencia a bibliotecas, unha actividade que só ocupa habitualmente a un 23% da poboación fronte á media estatal do 27,9%. Na xuntanza, o conselleiro Roberto Varela presentou tamén ante o sector o anteproxecto da futura Lei de Bibliotecas e mais un informe sobre o desenvolvemento do Ano do Libro e da Lectura. Entre outras medidas, Cultura comprometeuse a apoiar a edición electrónica no noso país. Nese sentido, as vindeiras Feiras do Libro contarán cun posto dedicado espcificamente a este formatos de lectura.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Bibliotecas, Roberto Varela, Consellería de Cultura...