Un informe indica que retrocedemos en compra e lectura de libros

Lemos en retroceso

8/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Lemos menos e mercamos menos. Isto é o que se deduce do informe “Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros 2007” que presentou onte a Federación de Gremios de Editores de España. Os datos indican que volvemos ao penúltimo lugar en índice de lectura, pasando do 53% ao 51,2%, que nos sitúa máis lonxe da media estatal (56,9%). Hai que ter en conta que estes datos son relativos ao ano 2007, ano no que aprobou a Lei do Libro e o Plan de Lectura. Un documento polo que Cultura investirá 50 millóns en cinco anos para fomentar o hábito lector e promoverá actuacións arredor do libro.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Lemos, Editores, Lei do Libro...