A Federación de Gremios de Editores de España daba a coñecer este 31 de xaneiro so datos do Barómetro de Compra de Libros e Hábitos de Lectura 2023. Nos mesmos, compróbase que só un 3,1% das persoas que len no noso paÃs prefiren facelo en galego, fronte a un 96,2% que ten o castelán como lingua de preferencia. A cifra supón un descenso de 3 décimas respecto de 2023, e continúa un devalo de anos, xa que en 2018 este Ãndice chegaba ao 4%.
Contrasta esta situación coa de Cataluña, onde un 38,9% das persoas lectoras apostan polo catalán, e con Euskadi, cun Ãndice do 9,8% de lecturas en euskera. Por tras tamén do 10,7% de Baleares, Galicia só está levemente por diante de Valencia (3%) na preferencia pola lectura en lingua propia entre aquelas comunidades que contan con esta.
Fronte a isto, un 5,5% das persoas enquisadas recoñeceu que a última obra que lera estaba en galego, un Ãndice que medra fronte ao 4,3% de 2023 pero que fica aÃnda lonxe do 7,3% de 2018. A falta de obras traducidas aparece como a principal razón para escoller obras en castelán, mentres a dificultade para ler no noso idioma aparece como a máis baixa das comunidades con lingua propia. Un 15,8% das respostas apunta non ter preferencia entre galego e castelán para ler. As cifras melloran no caso dos audiolibros, xa que o 10,8% das persoas usuarias deste formato apostan polo galego, unha cifra que Cataluña acada o 23,1%.
Cun 61,5% de persoas que len no tempo libre, a nosa Comunidade Autónoma sitúase como a sexta cun menor Ãndice lector, con 2 décimas menos que no pasado ano. Baixa tamén a situación de Galicia na adquisición de libros, xa que fica como segunda comunidade na que menos poboación os merca, con só un 49,1%, e unha media de 8,9 exemplares por persoa. Neste ámbito dáse unha suba das adquisicións en galego, que pasaron do 4,5% en 2022 ao 7,3% no último ano.
A nivel de bibliotecas, a valoración das galegas está á cola do Estado, cunha nota de 7,8 sobre 10, unha décima máis que no anterior exercicio.