Un volume compila as BDs da serie Castelao de Inacio Vilariño e Iván Suárez

David Rubín lanza en Estados Unidos a serie Space Scouts, con guión de Matt Kindt

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Un volume compila as BDs da serie Castelao de Inacio Vilariño e Iván Suárez

Demo Editorial lanza este mes de novembro o volume Castelao, integral. A obra compila os catro títulos da serie que realizaron Inacio Vilariño e Iván Suárez co rianxeiro como protagonista. O lanzamento, que quere sumarse ás conmemoracións polo 75 aniversario do pasamento do galeguista, conta con 248 páxinas en branco e negro.

O volume, encadernado en tapa dura, sae nunha tirada limitada de 500 exemplares e contou co apoio económico da Deputación da Coruña.

De xeito paralelo, o ourensán David Rubín acaba de lanzar en Estados Unidos a primeira entrega da serie Space Scouts. Dark Horse publica, con guión de Matt Kindt, esta obra de ciencia ficción que prevé ter para o vindeiro mes de maio publicado o seu primeiro volume recompilatorio. No mesmo poderán lerse os tres primeiros números da serie cun total de 144 páxinas.

Que che parece esta nova?
231 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, David Rubín, Guión, Estados Unidos...