Inacio e Iván Suárez presentan o terceiro volume da serie Castelao

Máis alá! preséntase o vindeiro 15 de maio na libraría Kómic

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Imaxe de presentación de Máis alá

Imaxe de presentación de Máis alá

Demo Editorial, de novo en colaboración coa libraría Kómic, lanza o terceiro volume da serie Castelao, que percorre a biografía do galeguista. O guionista Inacio e mais o debuxante Iván Suárez abordan desta volta a a viaxe por europa que o protagonista realizou en 1921, repasando as súa visitas a museos ou encontros como os que mantivo co filósofo Bergson, o pintor Corredoira ou o músico Manuel Quiroga. O volume presentarase o vindeiro 15 de maio ás 18 horas na libraría Kómic, e entre os que merquen alí un exemplar ou o reserven previamente sortearase unha páxina orixinal de Iván Suárez. O volume conta con 64 páxinas en branco e negro e sae á venda a un prezo de 12 euros.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Manuel Quiroga, Demo, Museos...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares