A libraría Kómic celebra o seus 25 anos cun intenso programa

Foi o primeiro establecemento especializado en banda deseñada do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Logo do 25 aniversario de Kómic

Logo do 25 aniversario de Kómic

Con ocasión dos seus 25 anos en activo, a libraría compostelá Kómic, pioneira entre as especializadas en BD no noso país, prepara un intenso programa de actividades. Os actos comezan o vindeiro 3 de maio ás 18 horas coa presentación da obra O pobre tolo, de Iván Suárez e Inacio Vilariño, coeditado pola libraría con Demo Editorial. No día seguinte inaugurarase, no Centro Sociocultural do Ensanche unha exposición de orixinais desta obra, á cal haberá visitas guiadas ata o día 19. Ademais, a Sala Capitol acollerá o día 11 un concerto de The Sweet Vandals e Banda Aparte para o que xa se poden adquirir as entradas.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Demo, Demo Editorial, Sala Capitol

Claves