Demo Editorial adianta Atila, novo volume da serie Castelao

Os dúo Los Bravú publica La furia en Apa Apa ediciones

Os dúo Los Bravú publica <i>La furia</i> en Apa Apa ediciones
Coa Guerra Civil como pano fondo, a serie de banda deseñada que o guionista Inacio e o debuxante Iván Suárez están a lle dedicar á figura de Castelao acada o seu cuarto tomo. Atila, cuxo título fai referência ao álbum de ilustracións Atila en Galicia realizado polo rianxeiro, sae como é habitual da man de Demo Editorial coa colaboración da libraria Kómic, ás que se suma nesta ocasión a empresa Limpezas Salgado para apoiar o lanzamento. A data prevista de presentación é o vindeiro mes de maio, aínda que está xa dispoñible na rede un adianto deste traballo.

En paralelo, o dúo de autores do país coñecido como Los Bravú acaba de ver saír a luz un novo monográfico. Apa Apa ediciones é responsable do lanzamento de La furia, unha "mini aventura psicotrópica de dous chonis e un tete, instagram, armas, tangas e calentón", segundo explica a editora. O volume, de 20 páxinas a duás tintas, está á venda por sete euros.

Capa de La furia
Adianto de Atila en PDF.