Inacio Vilariño e Iván Suárez levan a Pardo Bazán á BD

Demo Editorial publica O voo da curuxa

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Inacio Vilariño e Iván Suárez levan a Pardo Bazán á BD

Un retrato en banda deseñada de Emilia Pardo Bazán a mesturar realidade e ficción e a incorporar situacións dos seus propios relatos. Esta é a proposta que fan Inacio Vilariño e Iván Suárez en O voo da curuxa. Unha tarde no pazo de Meirás con dona Emilia, o novo lanzamento de Demo Editorial.

Os dous creadores repasan a figura da autora a partir das horas que esta, xa nos seus últimos meses de vida, pasou co cineasta Eduardo Zamacois para o que sería o único rexistro cinematográfico que se conserva dela. A nivel gráfico, Iván Suárez aposta por un estilo no que lembra os gravados da época, nunha obra de cincuenta páxinas a branco e negro que está xa a chegar ás librarías.

Que che parece esta nova?
117 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Demo Editorial, Emilia Pardo Bazán, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares