A RAG reclama unha declaración BIC que protexa os libros de Pardo Bazán que fican no Pazo de Meirás

Consérvanse no pazo 3.200 volumes da súa biblioteca persoal

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Emilia Pardo Bazán chegou a reunir unha biblioteca de máis de once mil volumes. 8.000 deles consérvanse no arquivo da RAG na rúa Tabernas da Coruña, na que foi casa da escritora e hoxe sede da Real Academia Galega. Pero no Pazo de Meirás fican 3.200 libros da súa biblioteca persoal. Tras congratularse pola sentenza que ditamina que o Pazo de Meirás deberá ser entregado ao Estado, a RAG considera que "co propósito de garantir a súa protección e uso público, o conxunto da biblioteca de Emilia Pardo Bazán sexa declarado ben de interese cultural". Para iso, xa se está a realizar o inventario deses 3.200 volumes que fican en Meirás, nunha iniciativa impulsada por Xulia Santiso, conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. A biblioteca de Emilia Pardo Bazán estaba repartida entre A Coruña e Meirás. "A Academia conseguiu recuperar a maioría do pazo de Meirás tras o incendio que se rexistrou neste edificio en 1978". Segundo Víctor Freixanes, presidente da RAG,"dende hai anos a institución traballa na unificación dese patrimonio no edificio da rúa Tabernas".

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Emilia Pardo Bazán, A Coruña, Ben de Interese Cultural...