A Xunta declarará BIC a Biblioteca de Emilia Pardo Bazán

Accede á solicitude da RAG e protexerá esta colección, conservada en parte no Pazo de Meirás

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijóo, anunciou este 9 de novembro que o Goberno Galego iniciará de xeito urxente o procedemento para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) a biblioteca de Emilia Pardo Bazán. A Xunta atende así a solicitude da Real Academia Galega para protexer esta colección, da que 3.200 volumes están custodiados no Pazo de Meirás, mentres outros 7.000 fondos mantéñense en mans da propia RAG. O anuncio relizouse despois da xuntanza que mantiveron o propio Feijóo, o titular de Cultura, Román Rodríguez, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e o académico Henrique Monteagudo.

Segundo explica a Xunta a medida "considera no seu conxunto todos os fondos da biblioteca que a día de hoxe están distribuídos en varios emprazamentos" e "blindará xa de xeito provisional a protección xurídica desta colección ao acadar o máximo nivel de tutela previsto na lexislación vixente", o que obrigará, por exemplo, a informar ao goberno de calquera posible traslado dos bens en mans da familia Franco.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilia Pardo Bazán, Pazo de Meirás, Henrique Monteagudo, Román Rodríguez...