A parte da biblioteca persoal de Emilia Pardo Bazán (preto de 3.000 volumes) que aÃnda fican dentro do Pazo de Meirás non poderán ser retirados do edificio pola familia Franco. O DOG publicou hoxe o inicio do procedemento administrativo para declarar Ben de Interese Cultural o conxunto da biblioteca e iso supón a aplicación do réxime de protección do patrimonio histórico de xeito provisional ata que non se resolva o expediente. O resto dos volumes ata completar un conxunto de 10.855 libros se custodia na Real Academia Galega. Non se descarta que haxa un pequeno conxunto de libros noutras ubicacións. "A incoación deste expediente é posible porque a biblioteca de Pardo Bazán reúne as caracterÃsticas necesarias do patrimonio bibliográfico debido ao seu carácter sobranceiro, ao valor singular dos exemplares que a compoñen e a que a está ligada á figura de Emilia Pardo Bazán", explicou a Xunta de Galicia nun comunicado.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o expediente de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural (BIC) a biblioteca de Emilia Pardo Bazán, o que supón a aplicación provisional do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia e, polo tanto, a protección inmediata de un total de 10.855 volumes pertencentes a colección da escritora.
Concretamente, a declaración como BIC afecta a preto de 11.000 libros, dos cales 7.883 están custodiados na sede da Real Academia Galega (RAG), mentres que 2.972 rexistros que continúan no interior das Torres de Meirás. Ademais, o texto tamén contempla a posibilidade de que a este número poidan sumarse outros volumes que, segundo a documentación achegada pola RAG na súa solicitude, poderÃan estar actualmente en localizacións descoñecidas. Deste xeito, se nalgún momento aparecese un libro non identificado e se constatara a súa pertenza, estarÃa automaticamente protexido.
Por outra banda, a documentación recolle que todos os libros pertencentes a esta biblioteca posúen un cuño de cor vermella cumprimentado a man coa situación topográfica dos libros encargado polo primoxénito da escritora que permite reconstruÃr a colocación dos volumes nas diferentes estancias do edificio. Este cuño corresponde a un ficheiro alfabético organizado por autores e almacenado na biblioteca da planta baixa das Torres de Meirás, o que pode ser a pegada máis definida da biblioteca completa.
A incoación deste expediente é posible porque a biblioteca de Pardo Bazán reúne as caracterÃsticas necesarias do patrimonio bibliográfico debido ao seu carácter sobranceiro, ao valor singular dos exemplares que a compoñen e a que a está ligada á figura de Emilia Pardo Bazán. Neste sentido, a súa publicación supón tanto a aplicación inmediata, provisional ata a súa aprobación definitiva nun prazo máximo de dous anos seguindo a lexislación, do réxime de protección previsto na Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia como o que se establece na Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español en materia de exportación e espolio. Supón, por iso, a máxima protección e tutela, polo que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.