A Cidade da Cultura e a RAG reclaman a custodia dos fondos de Emilia Pardo Bazán

Ábrese a posibilidade de que o material custodiado no Pazo de Meirás pase a dominio público

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O proceso para que o Pazo de Meirás pase a dominio público abriu a cuestión de que facer cos fondos da biblioteca de Emilia Pardo Bazán que se custodian neste espazo. A Consellaría de Cultura facía público a semana pasada o seu interese porque este material pase a ser custodiado na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. A consellaría remitiulle unha carta aos herdeiros da familia Franco a solicitar o depósito destes bens mediante unha cesión de carácter gratuíto "co fin de facilitar así súa salvagarda futura e consulta, mediante a catalogación, dixitalización e posta a disposición da comunidade investigadora e do público en xeral".

Fronte a este ofrecemento, a Real Academia Galega facía onte público un comunicado no que reclama "que ese patrimonio se conserve unido, como corresponde a un fondo histórico destas características". Nese sentido, apunta que isto implica "incorporalo á biblioteca da rúa Tabernas", sede da RAG na Coruña, onde está custodiada a biblioteca da autora, "así como o fondo máis importante do seu legado documental". Ademais, a Academia reclama que se declaren Ben de Interese Cultural estes fondos "pola súa significación, pola calidade extraordinaria de moitos dos volumes alí existentes e polo que representan na memoria histórica da escritora". A entidade anunciou ademais que en breve promoverá a publicación dun inventario completo dos fondos da autora que se conservan en Meirás, froito dun traballo de meses de varios investigadores.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Dosier: Pazo de Meirás

Cultura abrirá ao público o Pazo de Meirás “salvagardando a seguridade”

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilia Pardo Bazán, Pazo de Meirás, Biblioteca de Galicia, Documental...