
Canda a esta, o programa achega no apartado Panorama Galiza Retro unha selección de sete pezas curtas producidas no noso país ao longo dos últimos anos. Decorado de Alberto Vázquez, Sandwich Cat de David Fidalgo, Peixe de Álvaro Trigo ou RobertPlant_"Chevrolet", de Manu Viqueira, fan parte desta sección.
Unha conferencia en liña do director e guionista catalán Salvador Simó completa a primeira xornada da iniciativa. O arxentino Juan Pabloa Zaramella protagoniza o outro encontro co público desta edición o vindeiro xoves 30.
Os traballos galardoados na cita portuguesa Cinanima, unha sección infantil e as longametraxes Memorias de un caracol e Flow fan tamén parte do programa da xeira. Ademais, a actual edición do festival conta coas proxeccións do documental The Wanted 18 e da longametraxe The Tower en solidariedade co pobo palestino.
Todas as actividades, agás a proxección da sección oficial o vindeiro xoves 30 no CIFP Audiovisual de Vigo, celébranse na Coruña e son de acceso gratuíto.






