Dezaseis filmes seleccionados entre 800 candidatos compoñen a sección oficial do XIV Redondela en Curto. O festival de curtametraxes da Vila do Viadutos inclúe ademais seis producións na sección CurtÃsimas, 4 da de cinema galego e outras catro no apartado Andaina, orientado a traballos que abordan a diversidade funcional. En total, unha trintena de filmes que se poderán ver entre o 26 e o 30 de abril nunha edición que conta coa presenza de Mabel Rivera e Monti Castiñeiras no acto de inauguración. De xeito previo, a partir do 23 desenvolverase a programación escolar do evento, á que se agarda que acodan 1.300 alumnos.