Redondela en Curto quenta motores para unha semana con especial atención aos escolares

As tendencias internacionais en contidos creados para as redes terán espazo no Carballo Interplay

21/4/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualComunicaciónInternet
28 lecturas | Compartido 0 veces

Cartaz de Redondela en Curto 2017

Dúas citas audiovisuais de calado están xa plenamente preparadas para acompañarnos neste final de abril e principio de maio. A primeira delas comezará o 24 de abril con Redondela en Curto, a décima terceira edición desta mostra nacional de curtametraxes á que cada ano se presentan máis de 800 obras. De toda a semana que dura o evento este año, do 24 ao 30, das tres primeiras xornadas están dedicadas a sesións infantís, que estarán enmarcadas na sección Cine no Ensino que organiza a Asociación Andaina e que ademais de en Redondela tamén terán lugar en Arcade e Chapela. O venres 28 de abril comezarán as proxeccións presentadas a concurso e ata o domingo 30 de abril poderán verse todas as películas presentadas ao certame nas distintas seccións: a sección oficial A concurso con 18 obras preseleccionadas, a de Cine Galego e a de Curtísimas, con obras de menos de catro minutos de duración. O domingo 30 de abril, as 21 horas, o festival pechará coa cerimonia de clausura e a revelación das dúas curtametraxes premiadas polo público e polo xurado.
Xa está todo preparado tamén na Costa da Morte para unha nova edición, a cuarta, do Carballo Interplay (CIP), o festival de contidos audiovisuais en Internet que é unha cita consolidada e con proxección internacional. Entre o 4 e o 6 de maio máis de 200 webseries chegadas de varios países competirán na sección oficial do festival. Ademais das proxección en competición o evento acolle nos seus tres días outras moitas actividades abertas ao público nas que segue xirando ao redor do seu fío dos contidos creados para a rede. Dúas mesas sobre “youtubers>” amosarán o traballo de tres mulleres nesta canle: a vasca Soyunapringada; a coruñesa Carolina Iglesias que mantén a canle Percebesygrelos; e as críticas en clave feminista da xornalista Isa calderón coa súa canle de Reviews fuertecitas. Inclúese a presentación de Youtubeir@s, unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove e das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. No programa tamén se fará a estrea de Peter Brandon, a webserie gañadora do premio ao mellor proxecto de webserie en galego, na 1ª convocatoria que fixo o ano pasado o Carballo Interplay. A compañía teatral Chévere levará ao CIP o ,un formato híbrido entre conferencia e proxección.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego