A XXVI Mostra de Curtas de Noia programa 45 filmes na súa sección oficial

O encontro desenvólvese ata o vindeiro 22 de novembro con Mela Casal como Premio Honorífico

13/11/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Unha gala de presentación daba a saída este 12 de novembro á vixésima sexta edición da Mostra de Curtas de Noia. Cunha selección de oitenta filmes na sección oficial, das máis de mil que se presentaron a concurso, o encontro desenvólvese ata o vindeiro 22 novembro, onde se celebrará o acto de peche e entrega de galardóns.

A actriz Mela Casal foi seleccionada nesta ocasión para recibir o Premio Honorífico do certame, "como homenaxe á súa traxectoria exemplar, á súa entrega incansable e á súa contribución esencial á cultura e ao audiovisual galego". A organización salienta que a intérprete "representa o mellor da nosa escena: talento, humanidade e un compromiso profundo co noso idioma e coa nosa identidade".

Entre as novidades desta xeira, destaca a estrea do filme Rondallas, de Daniel Sánchez Arévalo, coa participación de director, actores e produtor do proxecto. Canda a isto, a sección Curtacativa achegará de mañá propostas para o público máis novo, mentres Galicia amateur amosará os traballos de cineastas que inician a súa carreira e Cousas de aquí dá conta de producións realizadas na bisbarra noiesa ou que retratan a súa realidade.

Que che parece esta nova?
103 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Identidade

Claves

Conceptos
Lugares