A Mostra de Curtas de Noia homenaxea a María Bouzas

Anxos Fazáns estrea en Sevilla La estación violenta

27/10/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

María Bouzas. Fonte: AAAG

A partir do vindeiro 1 de novembro e ata o día 11, Noia acolle a súa décimo oitava mostra de curtas. No programa, para alén de mesas redondas e da proxecións dunha corentena de curtas e de varias longametraxes, a actriz María Bouzas recibirá o premio honorífico desta xeira. A organización quere recoñecer así a extensa traxectoria desta profesional, que participou en títulos como as series ratos combinados e Terras de Miranda ademais de ter unha ampla traxectoria teatral coa súa propia Compañía das Marías. A entrega do galardón está prevista para a noite do vindeiro 10 de novembro.

Pola súa banda, a pontevedresa Anxos Fazáns estréase como directora de ficción na sección Resistencias da XIV edición do Festival de Cinema de Sevilla. O seu filme La estación violenta, que adapta unha novela do tamén pontevedrés Manuel Jabois, poderá verse neste encontro o vindeiro 9 de novembro.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Anxos Fazáns, Sevilla, Manuel Jabois...

Claves

Conceptos
Lugares