Noia inicia esta fin de semana a XIV Mostra de Curtas

Pilar Pereira recibirá o premio honorífico a toda unha carreira

26/11/2013 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
1 lecturas | Compartido 0 veces

Desde o sábado 30 de novembro e ata o día 8 de decembro desenvolverase o programa da XIV Mostra de Curtas Vila de Noia. Nesta xeira, o evento entregará o seu premio honorífico a toda unha carreira á actriz pilar pereira e realizará unha gala de homenaxe a Xosé Manuel Olveira Pico, recentemente falecido. O programa inclúe proxeccions de filmes como Operación E, Arrugas ou o documental Costa da Morte, e a preestrea da serie televisiva Galerías Velvet, así como, por suposto, a proxección de curtametraxes.

Universo culturagalega.gal

Contextos