A XXI Mostra de Curtas de Noia ábrese ao teatro

O encontro, que se celebra ata o 1 de novembro, entregará o seu premio de honra a Tristán Ulloa

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A XXI Mostra de Curtas de Noia ábrese ao teatro

Coa proxección das versións audiovisuais das montaxes Eroski Paraíso e de Somos Criminais a celebración da XXI Mostra de Curtas de Noia ábrese ao teatro. O encontro desenvólvese desde o 22 de outubro ao 1 de novembro e celebrará a proxección dunha corentena filmes na súa sección oficial, a incluír producións de Macedonia, Francia, España, Colombia, Grecia, México ou Arxentina. O actor Tristán Ulloa será recoñecido co Premio Honorífico do certame nesta edición, e recibirá o galardón no transcurso da gala prevista para a noite do 31 de outubro.

Para alén da sección oficial, o programa acolle unha noite dedicada aos documentais o día 28 de outubro. Na véspera, desenvolverase unha xornada centrada en curtas amadoras e mais nos proxectos que se desenvolveron durante o confinamento no marco do certame Quarantine Shorfilm Section, convocada pola propia Mostra.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Noia, Ulloa, Montaxes...