A coincidir coa súa décima edición, o Festival Internacional de Curtas de Bueu acaba de presentar un novo galardón. O Premio de Honra quere recoñecer a traxectoria dunha ou dun profesional de prestixio no eido cinematográfico, e comeza a súa andaina a recoñecer o traballo da actriz madrileña Nieve de Medina. A intérprete, coñecida especialmente polo seu traballo en producións como El bola, Un franco 14 pesetas, Los lunes al sol, Cuéntame ou El ministerio del tiempo é para a organización "unha das grandes actrices do cine español cuxa enorme versatilidade nos deixou excelentes interpretacións" en cine, televisión e teatro. A homenaxeada recollerá o galardón o vindeiro sábado na clausura do festival, e participará en diferentes actividades do programa ademais de ser entrevistada por Javier Gallego Crudo no programa Carne cruda que se realizará ese mesmo día no Centro Social do Mar.
Nieve de Medina estrea o Premio de Honra do FIC Bueu
A actriz recollerá este sábado o novo galardón do Festival Internacional de Curtas
2 lecturas | Compartido 0 veces


