Premio de honra do FIC Bueu para María Vázquez

A actriz recollerá o Premio Cinema Galego en setembro durante o festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
María Vázquez  . Foto de arquivo

María Vázquez . Foto de arquivo

O Festival Internacional de Cinema de Bueu, Fic Bueu, ven de facer pública a concesión do seu galardón honorífico deste ano, Premio Cinema Galego. A honra será para a actriz María Vázquez (Vigo, 1979). Vázquez estivo nomeada ao Goya á Mellor Actriz este ano polo seu traballo en 'Matria', filme polo que recibiu en 2023 a Biznaga de Oro á Mellor actriz no Festival de Málaga e levou este mesmo ano o Premio Pedigree de Honra no Festival de Cans A actriz recollerá o galardón durante a celebración da 17ª edición do festival o 14 de setembro, nun acto que incluirá unha conversa coa intérprete.

Que che parece esta nova?
102 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Cine, María Vázquez, Matria...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos