Novas BDs chegan ás tendas polas festas

Demo Editorial presenta Pedro e o lobo e mais As aventuras de M&M. A mansión misteriosa

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
 Novas BDs chegan ás tendas polas festas

A coincidir coas festas de Nadal, varios lanzamentos de banda deseñada están a chegar ás librarías do país. Da man de Demo Editorial poden atoparse dous novos títulos. Pedro e o lobo é a proposta que fan Inacio Vilariño e Iván Suárez. O álbum de 52 páxinas a cor fai parte dun proxecto que revisa a obra de Prokofiev a combinar teatro de títeres, banda deseñada e música e que vai destinada a primeiros lectores.

En paralelo, ve a luz a primeira obra do coruñés Marcos B., As aventuras de M&M. A mansión misteriosa. Este álbum de 52 páxinas a cor que segue a liña da BD francobelga presenta unha aventura para público infantil e xuvenil chea de acción e de misterio.

Finalmente, a editorial Sallybooks acaba de presentar Cósmico, el bombero galáctico, versión en castelán da obra de Fon que publicara orixinalmente Xerais.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Demo Editorial, Banda deseñada, Teatro...

Claves

Protagonistas
Entidades