Continúan os lanzamentos de banda deseñada de cara ás festas do Nadal. Desde a coruñesa Demo Editorial están a chegar ás librarÃas Severina e a raÃña dos ratos, de Inés Vázquez, e O eco dos dÃas rotos de Alberto Taracido. Inés Vázquez asina a primeira destas obras, unha historia de aventura e misterio ambientada nun Santiago de Compostela do século XIX na que se combinan elementos realistas e fantásticos. A autora de Aldara. A lenda do cervo branco aposta por reinterpretar a tradición galega nunha novela gráfica de 210 páxinas na que desprega a súa capacidade como ilustradora.
O outro lanzamento da editorial presenta a versión galega dunha obra que Alberto Taracido lanzou no mercado francés da man de Editions Paquet. O creador galego explora a vida cotiá do barrio coruñés de Labañou nun relato que combina aventuras e comedia coral da man da rapazada que habitaba o lugar nos anos 70. O traballo de 82 páxinas a toda cor.
Pola súa banda, a librarÃa compostelá Komic acolle este 11 de novembro a presentación de A lenda de Santoro. Mario Ezequiel Casas presenta o seu traballo debut na BD con só 14 anos, unha reinterpretación da historia do minotauro en formato comic-book feita a toda cor.