Demo Editorial lanza novas BDs a coincidir con Viñetas desde o Atlántico

Aldara. A lenda do cervo branco e As aventuras de Vani. Montaña son as últimas novidades da firma

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Demo Editorial lanza novas BDs a coincidir con Viñetas desde o Atlántico

Como é habitual, as editoras galegas de banda deseñada aproveitan o mes de agosto para concentrar as súas novidades, a aproveitar a coincidencia co salón Viñetas desde o Atlántico da Coruña. Deste xeito, Demo Editorial está a presentar estes días os seus últimos lanzamentos, cos que suma novos nomes de autores galegos ao seu catálogo.

Aldara. A lenda do cervo branco é o título do novo traballo de Inés Vázquez. A autora, que debutara cunha historia curta no volume colectivo Licor Café presenta a súa primeira proposta longa, "unha fantasía costumista para todos os públicos que nos amosa o rural galego máis máxico e que máis bebe das tradicións". A lenda tradicional A doncela Cerva, que Leandro Carré Alvarellos recolleu na zona de Doncos no século XIX serve de base para esta obra de 144 páxinas a toda cor.

Pola súa banda, Jorge Campos asina As aventuras de Vani. Montaña. Dirixida ao público infantil, a obra preséntase como "dinámica, divertida e chea de acción cun telón de fondo ecoloxista" e narra as aventuras do protagonista, Vani, na súa tentativa que facer a viaxe da súa vida ata o cumio dun monte.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Demo, Demo Editorial, Atlántico...