Como é habitual, a celebración do festival Viñetas desde o Atlántico e do encontro de autoedición Autobán na Coruña anima a edición e a autoedición de banda deseñada galega. Deste xeito, Demo Editorial acaba de presentar dous novos volumes en galego de carácter histórico.
A primeira destas propostas é Carne para Cans, volume que aborda a vida do anarquista galego Antonio Soto, que se fixo famoso polo seu labor sindical na Patagonia arxentina nos anos 20. O lugués Manuel López Poy asina o guión deste proxecto de 87 páxinas que conta con debuxos do arxentino Kundo Kunch.
Canda a esta, a editora que dirixe Manel Cráneo presenta Gloria (Todo é obra de artistas), obra que supón o debut no guión do libreiro PÃo Barreiro e da valenciana Lola Barcerá ao debuxo. A obra, de 92 páxinas a cor, aborda as complexidades da creación artÃstica durante a construción do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e segue as vivencias da sobriña do Mestre Mateo, que participa desta obra.
Da man dos irmáns Sergio e Hugo Covelo e mais de Kike Benlloch, este mes ve a luz tamén o primeiro tÃtulo do novo selo editorial Lura Cómics. Moa presenta en 44 páxinas a branco e negro dúas historias autoconclusivas, a primeira delas de 24 páxinas con guión e debuxo de Sergio Covelo e a segunda de 12 páxinas, con guión de Benlloch e debuxo de Hugo Covelo.
As dúas historias teñen ambientación medieval, e presentan "escenarios máis ou menos imaxinarios poboados por guerreiros despiadados, homes de fe estudosos e animais amantes do bo viño e a conversa". O selo nace como un espazo para publicar traballos dos seus promotores, xuntos ou en colaboración con outros autores.
Finalmente, este agosto ve a luz o número 13 de Altar Mutante, fanzine que celebra 10 anos de existencia cunha entrega especial. Unha capa de David RubÃn alberga unha nova colección de historias curtas nas que se mestura a ciencia ficción, a fantasÃa, e os contidos máis bizarros. Con esta entrega son xa 84 os nomes que creadoras e creadores que teñen participado desta iniciativa.