Demo editorial anuncia Os días do cometa

Manolo López Poy e Miguel Fernández recuncan no xénero negro cunha obra ambientada nos 80

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Os días do cometa

Os días do cometa

Unha historia de corrupción no rural galego dos ano 80, co paso do cometa Halley como pano de fondo. Manolo López Poy e Miguel Fernández repiten no xénero negro con Os días do cometa, a segunda banda deseñada que publican da man de Demo Editorial. O volume, de 100 páxinas a branco e negro, sairá á luz o vindeiro 20 de marzo a un prezo de 13,50 euros, e comezará a xira de presentacións o día 22 na libraría Kómic de Compostela. Ademais, Demo anuncia o lanzamento da segunda edición de Mamed Casanova. O fillo da furia dos mesmos autores.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Demo Editorial, Miguel Fernández, Xénero...

Claves

Protagonistas
Entidades