Mamed Casanova. O fillo da furia é o tÃtulo da novidade coa que Demo Editorial chega ao novo Viñetas desde o Atlántico, canda a xa anunciada Sen mirar atrás, premio Castelao 2009. A obra de Manolo López Poy e Miguel Fernández narra as aventuras deste bandoleiro da comarca de Ortegal. Pola súa banda, o suplemento Culturas de La Voz de Galicia publicará o vindeiro sábado na súa capa e contracapa unha historia de dúas páxinas a cor feita por Kike Benlloch e David RubÃn. A obra, que se ambienta no propio salón, serve de presentación do seguimento que fará o xornal do salón coruñés. Os dous autores presentarán tamén o vindeiro dÃa 8 na Feira do Libro o seu álbum UxÃo Novoneyra. A voz herdada. RubÃn anuncia que tamén realizará unha venda de orixinais dalgunhas das súas obras durante o salón.