Cultura editará unha BD sobre Uxío Novoneyra e outra sobre Torrente Ballester

Uxio novoneyra: a voz herdada analiza a figura do homenaxeado o día das letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Un lector coetáneo de Uxío Novoneyra descobre a obra do homenaxeado no vindeiro Día das Letras. Esta é a premisa da que parte Uxio novoneyra: a voz herdada, un álbum con guión de Kike Benlloch e debuxos de David Rubín que publicará a Consellaría de Cultura para conmemorar esta data. Ademais, a Consellaría tamén dará á luz unha versión en banda deseñada da obra Fragmentos del apocalipsis de Gonzalo Torrente Ballester, dentro dos actos de celebración do centenario deste autor. O titular do departamento, Roberto Varela, adiantaba onte no Parlamento este proxecto ademais de lembrar a súas políticas de apoio á novena arte e insistir en que a banda deseñada galega estará representada no vindeiro Saló del Còmic de Barcelona.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Lecturas das Letras

Lecturas das Letras

A orixinalidade dos enfoques marca boa parte das publicacións relacionadas con Uxío Novoneyra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxío Novoneyra, Banda deseñada, Gonzalo Torrente Ballester, Roberto Varela...