Cultura presenta as súas actividades para o día das letras

Concertos de Emilio Cao e un espectáculo no Courel son as principais apostas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Centro de Ensino do Courel acollerá o vindeiro 17 de maio o espectáculo poético e teatral Tender a man no que Branca Novoneyra e Yolanda Castaño renden unha homenaxe a Uxío Novoneyra. Esta é unha das iniciativas coas que a Consellaría de Cultura conmemorará este Día das Letras, segundo anunciou esta mañá Francisco López, director xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Canda a isto o mesmo día farase unha declaración institucional, e entre o 20 de maio e o 1 de xuño programarase o ciclo de sete concertos Interseccións. A ollada de Novoneyra. O proxecto conta coa participación de Emilio Cao en colaboración Branca Novoneyra, a cantante Carmen Rey e mais o pianista Manuel Gutiérrez. Canda a isto, Cultura distribuirá a banda deseñada Uxío Novoneyra. A voz herdada de Kike Benlloch e David Rubín e mais unha nova edición do poemario Os eidos.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Cao, Espectáculo, Courel, Uxío Novoneyra...