Ultímanse os preparativos para a celebración do Día das Letras Galegas

Novas publicacións e festividades súmanse ás homenaxes a Uxío Novoneyra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os xornais anuncian os seus especiais e as publicacións conmemorativas do Día das Letras Galegas. A Vida e obra de Uxío Novoneyra de Manuel Amado distribuirase, entre outros con El Ideal Gallego ou La Región. Pola súa banda, La Voz de Galicia aposta por Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, e anuncia a publicación dunha Historia da Literatura Galega coleccionable en vinte volumes. A USC súmase á celebración cunha edición facsimilar do manuscrito de Os eidos. Uxía Senlle anunciou que pretende gravar o espectáculo Aires do Courel centrado en textos de Novoneyra. Canda a estas producións, anúncianse diferentes actividades de bookcrossing, concertos, e festas na propia data do 17 ou nas inmediatamente anteriores.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Lecturas das Letras

Lecturas das Letras

A orixinalidade dos enfoques marca boa parte das publicacións relacionadas con Uxío Novoneyra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra, USC, Uxía Senlle...