Pura Vázquez, Luz Pozo, Manuel María e Xosé Luis Méndez Ferrín son algunhas das personaxes que pretenden render unha homenaxe a Uxío Novoneyra. E fanno presentado unha exposición e unha publicación na que diferentes autores honran a vida e a obra do poeta lucense.
Honras con poemas e gravados
Dende hoxe e ata o vindeiro día 8 de febreiro, a Capela do Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago acolle a exposicion "Porta a Compostela (Carpeta Homenaxe a Uxio Novoneyra". Unha mostra que recolle gravados de Manuel Facal, acompañados por textos de Pura Vázquez, Luz Pozo, Manuel María, Salvador García Bodaño, Bernardino Graña e Xosé Luis Méndez Ferrín. A homenaxe complétase coa presentación da obra "Porta a Compostela", un volume de edición limitada (50 exemplares) textos poéticos relativos a ó poeta lucense. Estes actos están organizados polo vicerrectorado de Extensión Cultural e Servicios á Comunidade Universitario da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Uxío Novoneyra
Uxío Novoneyra (O Courel, 1930-1999) é un dos valores poéticos máis recoñecidos dentro da postguerra. Estudiou Filosofía e Letras en Madrid, e á súa volta, en 1952 entra en contacto con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaísta Ramón Piñeiro e o polifacético Ramón Otero Pedrayo. É precisamente este contacto co galeguismo, xunto coa volta ó Courel o que motiva a Novoneyra a escribir en galego. É a partires deste momento cando escribe unha das súa obras claves "Os Eidos (1955" )Nestes anos relaciónase con membros do grupo Brais Pinto, coma o pintor Reimundo Patiño, o profesor Herminio Barreiro, o político Bautista Álvarez, o urbanista Daniel Pino e os escritores Bernardino Graña, Xosé Fernández Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín. Neste ambiente de vangarda artística escribe entre 1962 e 1965 a serie poética titulada "Elegías en Madrid" que xunto coas dúas anteriores "Elegías del Caurel" e "Primera verdad y tiempo con nombres" conforman o libro editado en versión bilingüe galego-castelán Elexías do Courel e outros poemas (1966). Polo demais, o resto da súa vida transcorre entre Madrid e Compostela, pero sen deixar de escribir e de estar comprometido cos ideais galeguistas, así ata 1999 o ano no que finou..