Novas bandas deseñadas chegan a Galicia no verán

Demo Editorial anuncia O salón de té o oso malaio de David Rubín

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Novas bandas deseñadas chegan a Galicia no verán

A chegar o verán semellan multiplicarse os lanzamentos de banda deseñada no país. A editorial Figurando Recuerdos acaba de lanzar a tradución á nosa lingua de Humanos. A Roya é um rio dos franceses Baudoin e Troubs. A obra narra unha viaxe ao longo dun curso fluvial e o encontro con diferentes migrantes no sur de Francia. Pola súa banda, Demo Editorial anuncia de cara á vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico o lanzamento da versión galega de O salón de té o oso malaio, un dos primeiros traballos publicados por David Rubín que acaba, que verá á luz cunha nova capa.

Pola súa banda, Compostela acolleu recentemente a presentacion de Seoane. O creador na súa tinta I, obra na que Enrique Mauricio e Carlos Taboada repasan a vida deste artista galego. O lanzamento, da man de Lela Edicións promete continuar o percorrido biográfico nun novo volume. Tamén con vontade didáctica o colectivo Segredos de Pantón presentou a páxina de cómic na que explica a lenda da Torre de Quitapesares. O autor da iniciativa é El Fisgón histórico, creador especializado en explicar o pasado mediante cadriños.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Demo, Demo Editorial, Tradución...