David Rubín fai as Italias

O ourensán publica un álbum con Tunué e inicia unha xira por este país

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa do álbum David Rubín de Tunué

Capa do álbum David Rubín de Tunué

A editorial italiana Tunué lanza a vindeira semana o álbum David Rubín, centrado neste autor ourensán de BD. O volume de 48 páxinas recolle unha ampla entrevista e mostras do traballo deste creador en ilustración e banda deseñada, así como exemplos do seu proceso creativo. Para presentar a obra, Rubín fará unha xira por Italia. Entre os días 5 e 7 participará no festival Fullcómics, que lle dedica unha exposición composta por máis de 50 orixinais. Na mesma viaxe, o debuxante visitará Latina, en Roma, e mais Florencia, onde desenvolverá presentacións da obra. Entre os seus vindeiros proxectos, Rubín adianta que publicará unha BD, con guión de Kike Benlloch sobre o poeta Uxío Novoneyra, homenaxeado no Día das Letras deste ano.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Italia, David Rubín, Uxío Novoneyra, Kike Benlloch...