A serie de BD La espada de San Eufrasio chega á súa cuarta entrega

A saga de Miguel Fernández, Pepe Rey e Manolo López Poy ten pendente un último volume

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A serie de BD La espada de San Eufrasio chega á súa cuarta entrega

Edicións Diábolo lanza ao público este 28 de xaneiro o cuarto volume da serie de banda deseñada La espada de San Eufrasio. O proxecto Miguel Fernández, con guións de Pepe Rey e Manolo López Poy continúa a explorar a Galicia das revoltas irmandiñas en Camino de Sangre, cunha conflitividade crecente e novos problemas para os protagonistas, enfrontados aos nobres e á mitra compostelá. Aínda que orixinalmente estaba prevista para nove entregas, os autores condensaron finalmente o proxecto en cinco álbums, polo que pretenden que a saga finalice en 2022. O novo volume sae á venda con 48 páxinas a toda cor e un prezo de 15 euros.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguel Fernández, Banda deseñada

Claves

Protagonistas
Conceptos